Tuesday 21 de May de 2024

Ábrese o prazo para presentar alegacións e suxestións á aprobación inicial do Plan local de protección da ribeira do mar contra a contaminación


O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio (BOP núm. 104). Desde mañá e durante un período de 30 días hábiles poderanse presentar alegacións ou suxestións

O Pleno do Concello da Coruña do pasado 2 de xullo deu a súa aprobación inicial ao Plan local de protección da ribeira do mar contra a contaminación que agora se somete ao trámite de información pública.
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe (BOP núm. 104) o anuncio da aprobación inicial deste plan. Desde mañá e durante un período de 30 días hábiles poderanse presentar alegacións ou suxestións a través de calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/15, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo remata o próximo 20 de agosto.
Este plan ten por obxectivo dotar o Concello da Coruña dunha estratexia e operativa que permita coordinar a prevención, o control e a loita eficaz dun suceso de contaminación costeira accidental, co fin de preservar a saúde das persoas, o medio natural e a seguridade dos bens e servizos dentro do seu ámbito de aplicación, de acordo cos recursos locais dos que se dispoña.

Así mesmo, o plan é un dispositivo plenamente integrado no Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galicia (Plan Camgal) e no Sistema Nacional de Resposta.
O contido íntegro do documento pódese consultar a través da seguinte ligazón ou en papel nas oficinas da Concellería de Medio Ambiente.